Informe Dixital sobre o Visado Colexial. 2º Semestre 2009 e Acumulado Anterior
Presentamos unha nova publicación que continúa a liña seguida polo Colexio de Arquitectos en canto a facer públicos e adsesibles os datos de visado colexial. Así, o datos do COAG convértense en indicadores de referencia para o sector inmobiliario. No informe, tamén damos conta das novas acontecidas neste segundo semestre no entorno colexial, netamente a entrada en vigor da lei sobre libre acceso ás actividades de servizos, emanada de directrices europeas sobre accesibilidade, e a modificación do RITE; todas elas consultables dende a propia páxina do colexio.
Asemade, poñemos a disposición dos interesados as novas máis salientables que se extraen do antedito informe presentado o pasado mércores 24 de febreiro na Sede do COAG:
A licenza Dixital
![]()
A entrada en vigor da chamada Lei ómnibus establece a obrigatoriedade das administracións de se converter en verdadeiras administracións electrónicas de tal xeito que sexa posible realizar calquera trámite por esa vía. Trátase dunha medida que pretende modernizar a administración e facilitar a libre competencia e circulación de servizos en Europa.
Neste senso, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia xa implantou con éxito o visado dixital e agora ofrécese á Consellería de Presidencia para imlpantar a licenza municipal de obras dixital. A súa iniciativa recóllese nunha nota de prensa e nas novas publicadas pola prensa nestes últimos días:
Plan de Ordenación do Litoral
O pasado luns 25 de xaneiro presentábase o documento previo á aprobación inicial do Plan de Ordenación do Litoral (POL). Hoxe xa é posible consultar o seu contido na web da Xunta de Galicia. Unha web que en breve incorporará máis contidos relacionados coa elaboración do documento.
Ábrese agora unha quenda de audiencia aos 84 concellos que remata no mes de marzo. O Plan afecta a 212.000 hectáreas e a súa aprobación inicial, logo de recoller as aportacións municipais, programouse en maio. Os interesados poderán presenta alegacións nun período aínda sen confirmar que coincidirá cos meses de xuño e xullo. Por outra banda a aprobación definitiva comprometeuse antes do remate do ano 2010.
Pódese acceder a un paseo virtual en http://www.ilux.es/es/POL creado pola empresa Ilux Visual Technologies S.L.
Xornada na EGAP sobre disciplina urbanística

O pasado 29 de xaneiro do 2010 celebrouse na Escola Galega da Administración Pública (E.G.A.P.) unha xornada sobre protección da legalidade urbanística. A xornada tivo un grande éxito de público con máis de 500 inscritos sendo ademáis retransmitida por internet en tempo real. Ademais de prestar atención ao marco xurídico-normativo que regula a acción da Administración en materia de ilícitos urbanísticos, deuse conta da actividade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (A.P.L.U.) ao longo do pasado 2009.
Como se indicaba no programa, contouse na presentación coa presenza do Sr. Conselleiro Agustín Hernández, Pablo Figueroa (director da ECAG) e Encarnación Rivas (Secretaria Xeral). Foron ponentes Santiago Valencia (Xefe de Gabinete de Asuntos Constitucionais), Isabel García Eiroa (Subdirectora da APLU), Antonio Roma (Fiscal do TSXG) e Hipólito Pérz (Director da APLU). Á mesa redonda engadíronse Julio Ignacio Iglesias (Alcalde de Ares), Perfecto Rodríguez (Alcalde de Ponte Caldelas), Rosa Magdalena (Arquitecta do concello de Pontevedra) e Delmiro Núñez (Secretario do concello de Oroso).
Achegamos deseguido a documentación de caracter xurídico aportada durante a xornada así como as ponencias entregada en soporte dixital aos asistentes á xornada:
2.- Decreto 28/1999 Regulamento de disciplina urbanística
3.- Decreto 213/2007 Estatutos APLU
4.- Decreto 450/2009 Modificación estatutos APLU
5.- Decreto 51/2008 Estrutura Orgánica da APLU
6.- Decreto 451/2009 Modificación estrutura orgánica da APLU
7.- Plan de inspección urbanística 2010
8.- Acreditación de inspectores e subinspectores urbanísticos
Ponencia: Os ilícitos urbanísticos
Noticias sobre a dotación técnica urbanística dos concellos galegos.

A información urbanística recompilada polo COAG ao remate do pasado 2009 foi recollida por diversos xornáis ao longo do mes de xaneiro deste ano. De seguido ofrecemos os artigos relacionados aparecidos na prensa escrita indicando a data de publicación e o xornal correspondente.
Dotación técnica municipal e estado do planeamento urbanístico de Galicia segundo a nova IUM, actualizada a novembro do 2009

Vense de publicar neste blog a nova IUM, un informe no que se reflicten os principáis datos relativos ao planeamento urbanístico dos 315 concellos galegos: planeamento urbanístico vixente e en tramitación, horario de atención ao público dos técnicos, etc.
Para a elaboración deste informe recabouse información sobre a dotación técnica de todos os concellos galegos. Ista información fixo posible unha análise cuxos resultados pódense consultar nas seguintes ligazóns. Dunha banda recopiláronse os datos en táboas da dotación técnica e en outras táboas do estado do planeamento, a fin de permitir unha lectura máis doada e sintética. Doutra banda presentanse tamén as conclusións da dotación técnica e das conclusións do estado do planeamento galego.
O visado colexial no 2009 é noticia
Tal e como pon de manifesto o informe sobre difusión informativa dos visados 2009 elaborado por Vía Láctea Comunicación, a presenza do COAG na prensa escrita ao longo do 2009 foi moi superior respecto de anos anteriores. Confírmase deste xeito que a información do visado colexial é interesante para a opinión pública a través da prensa de actualidade, e que representa polo tanto unha aportación do Colexio á sociedade.
O interese é aínda maior na actualidade debido á crise económica e ao seu impacto no mundo da construcción. Así o reflexan titulares recollidos na prensa como “El visado de pisos registra mínimos históricos” ou “Los proyectos se redujeron un 57% en lo que va de año”. Neste contexto, os datos aportados polo COAG constitúen unha achega complementaria doutros datos oficiais. Ademáis estes datos adiantanse a calquera outro xa que representan a actividade constructiva antes de que esta se empece a xerar recursos municipáis (licenzas), emprego ou actividade económica.
Pizarra e Urbanismo
Baixo a organización da Asociación Galega de Graniteiros, o vindeiro 27 de novembro no Palacio de Congresos e Esposicións de Santiago de Compsotela celébrase a xornada técnica “Pizarra e Urbanismo”. O programa desenvólvese ao longo da mañá e conta coa presenza de D. Javier Guerra Fernández, D. Ángel Bernardo Tahoces, D. Ramón Saul Lueje Espina, D. Carlos Quintáns Eiras e Dª Mª Encarnación Rivas Díaz. A participación pódese solicitar a través do correspondente formulario de inscripción.
SIU Ministerio de Vivenda
Ven de ser pubilcado o Sistema de Información Urbana (SIU). Trátase duha páxina web de acceso gratuito e estándares abertos promovida polo Ministerio da Vivenda que desenvolve de xeito máis ambicioso o xa coñecido atlas dixital das áreas urbanas.
Este novo servizo fai posible consultar unha gran cantidade de datos e máis a información urbanística estructural de 369 concellos tendo o propósito de se extender ao resto deles nos vindeiros anos. A páxina atópase dentro do portal do ministerio e recolle a principal lexislación urbanística e de ordenación do territorio de todas as comunidades autónomas ao tempo que centraliza o acceso aos sistemas e información urbanística de cada comunidade.
Este portal ofrece unha gran cantidade de datos estatísticos cuxa procedencia é o Instituto Nacional de Estatística e o cadastro. Incorpora asemade os límites administrativos, a rede natura, a ocupación do solo obtida do Corine Landcover e planeamento urbanístico (procedente da base de datos do Ministerio da Vivenda). Pódese obter máis información a través do video explicativo producido polo ministerio.
A vivenda en Galicia

Vivenda en Pontesarela (Victor López Cotelo; Otero Pombo)
O vindeiro luns 2 de novembro celébrase en Santiago de Compostela unha xornada baixo o título “La Sostenibilidad económica y ambiental como retos de futuro”. O acto terá lugar no hotel “A Quinta da Auga” e organízase en duas mesas redondas que se desenvolven de xeito gratuito ao longo da mañá.
A primeira mesa redonda céntrase na problemática actual da vivenda en Galicia. Conta coa presenza de D. José Boné Pina (IGVS), Dña. Mercedes Rosón Ferreiro (Concello de Santiago de Compostela), D. Manuel Prol (Banco Galego), D. Javier Garrido Valenzuela (FEPROGA), D. José Otero Pomo (Otero Pombo), D. Santiago Pérez Pérez (Grupo Puentes) e D. Jose Antonio Redondo López (USC).
A segunda mesa redonda adicarase ao tema da construcción de edificios sostibles. Invitados son D. Manuel Borobio Sanchíz (CMATI), Dña. Elena González Sánchez (Energylab), D. César Coll Nuez (COAG), D. Angel Fernández Presas (APECPO), e D. Anxo Mourelle Álvarez (Serumano).


